![]()
VILAGARCÍA> Os sindicatos afirmaron que a patronal non quere negociar o novo convenio e si recortar varios dereitos fundamentais.
{flowplayer}images/salnes/COMERCIO_ALIMENTACION.flv{/flowplayer}
Patronal e sindicatos non conseguiron chegar a un acordo despois de 11 meses e máis de 14 reunións. Dende Comisións Obreiras e a CIG denúnciase a intención da patronais de recortar dereitos adquiridos noutros convenios. Cansados desta situación, están preparadas varias concentracións e mobilizacións en Pontevedra. Pero a xornada grande é o próximo día 27. Os traballadores sairán a calle para pedir a paralización do próximo convenio provincial.
Os sindicatos afirman que unha parte importante da patronal négase a reunirse para negociar e que rexeita, de forma contundente, calquera acercamento cos traballadores.
Os representantes da CIG denuncian que a patronal está utilizando a escusa da crise para recortar salarios e dereitos. Sen embargo, engaden, o sector non está pasando tan mala época.
O novo convenio provincial non vai afectar a todo o sector. Pese a todo, os sindicatos piden a solidariedade dos seus compañeiros para lograr un resultado satisfactorio para os traballadores.
Redacción Salnés









