Cambados ameaza con novas mobilizacións se o SERGAS non restablece as consultas de tarde

CAMBADOS> Os problemas non cesan no centro de saúde de Cambados. Para unha consulta médida, os doentes teñen que agardar case un mes. Á falta de médicos hai que sumar que o SERGAS mantén pechadas as consultas en quenda de tarde. No Concello ameazan con novas mobilizacións para garantir ós veciños unha atención sanitaria digna.

As deficiencias na atención primaria no centro de saúde de Cambados resístense a marchar no 2020. As listaxes de agarda non paran de medrar: hai casos nos que se contabiliza ata un mes de espera. Á falta de doutores e de substitutos hai que sumar que o ambulatorio continúa pechado polas tardes.

No SERGAS xustifícanse alegando problemas de persoal, argumento que non acaba de convencer ó tenente de alcalde.

Cordal advirte que o concello seguirá presionando para mellora-la atención primaria na localidade. Di que non valen xa máis escusas por parte da Xunta e que os cambadeses, como calquera outro galego, merece ser atendido con dignidade. Ameazan con novas accións reivindicativas.

Ademais de mobilizacións e unha recollida de sinaturas, o asunto foi abordado no Parlamento en varios acosacións a través de varias preguntas dos grupos da oposición.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí