Sanxenxo roza o cheo por Semana Santa

    SANXENXO> Cos festivos de Semana Santa enriba e moitos afortunados que xa puideron desfrutar das vacacións dende o fin de semana pasado non é de estrañar que Sanxenxo estea de novo rozando o cheo. O paseo ateigado de xente, terrazas sen un oco libre e bastantes aventureiros que se meten na auga da praia de Silgar é a estampa que nos deixa a vila durante estes días.

     

    O bo tempo que está a facer estes primeiros días de Semana Santa animou a moitos a achegarse ata o Salnés e sobre todo a Sanxenxo para gozar duns días de lecer. A vila chega a multiplicar por 7’5 o seu número de residentes durante as vacacións e aínda que para o cheo tocará esperar ao verán a imaxe destes días é a do paseo cheo de xente, as terrazas con todas as mesas ocupadas e a daqueles que baixan á praia para aproveitar o bo tempo. 

    A proximidade ao lugar de orixe é unha das razóns polas que os turistas elixen Sanxenxo.

    Outros moitos son os que teñen na vila unha segunda vivenda e pasan nela fins de semana e vacacións ano tras ano.

    E sempre hai quen visita este destino por primeira vez e sae sorprendido.

    Na lista dos principais motivos para achegarse a Sanxenxo sempre están o clima, a natureza e a gastronomía, pero tamén a tranquilidade a as súas xentes.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/23/semana_santa_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/23/semana_santa_sanxenxo.mp4{/flowplayer}