![]()
PORTO DO SON> Un día despois do pleno que provocou o cambio de goberno no concello de Porto do Son repasamos as numerosas anédotas que se produciron ó longo das case dúas horas que durou a sesión plenaria. Se cadra o máis destacado foron os ataques frontais entre Manuel Tomé e Ramón Quintáns, ademais dos constantes cortes nas intervencións provocados polas broncas dende a bancada, que levou ó secretario a ter que intervir en numerosas ocasións para pedir calma.
{flowplayer}barbanza/anecdotasplenoson.flv{/flowplayer}
Sen dúbida ningunha os momentos máis tensos do pleno celebrado onte en Porto do Son vivíronse durante as intervencións do voceiro socialista, o exalcalde Ramón Quintáns, que tivo que renunciar a encabeza-la nova corporación para que posperase a moción de censura cos nacionalistas, e o ata de agora alcalde, Manuel Tomé. Un e outro lanzáronse descalificativos e improperios que provocaron certa confusión na sala, preguntándose moitos cal dos dous era realmente o alcalde.
Apagón
Outra das anécodotas do pleno veu provocada por un apagón que se produciu ó pouco de iniciarse a sesión. Na sala houbo quen pensou, os máis desconfiados, de que se trataba dalgunha argucia dalgún dos grupos políticos enfrascados na moción de censura.
O público asistente tamén tivo o seus momentos de gloria. No medio da sesión plenaria e como se dunha voda se tratara, os asistentes comezaron a cantar o ‘que se besen’, en clara alusión ó acordo entre socialistas e nacionalistas.
Outra das anécdotas que a ninguén se lle escapou vivíase coa entrega do bastón de mando e o intercambio de palabras entre o xa ex-rexedor, Manuel Tomé, e o novo alcalde, Xoán Pastor Rodríguez. Unha imaxe que se repetía ó final xa do pleno cando Tomé lle entregaba a Pastor as chaves da casa consitorial e do seu despacho.
Redacción Barbanza









