A nova lonxa de Ribeira estará en funcionamento no mes de xuño

    RIBEIRA> O alcalde de Ribeira agarda que antes do mes de xuño esté en funcionamento a nova lonxa de Ribeira. Fixo o anuncio esta mañá ó tempo que afirmaba sentirse sorprendido polas críticas do BNG respecto do proceso adxudicatario do servizo. O alcalde ribeirense confesou sentirse sorprendido polas críticas do grupo parlamentario do BNG. Considera que veñen a destempo, tras dous concursos públicos, a estas alturas, non ten sentido pronunciarse xa que non o fixeron antes. Tal e como informabamos onte neste informativo, os nacionalistas esixiron no parlamento galego un modelo de xestión pública con implicación das confrarías para a lonxa de Ribeira. E cualificaron de escurantista o concurso inicial na concesión da Lonxa. Asegura Ruiz Rivas que tamén lle sorprende as críticas á inversión na nova lonxa. Unha actuación que considera imprescindible para o concello ribeirense. Unha vez que se compra o peixe os exportadores non teñen agora un lugar onde tratalo convenientemente, polo que a instalación nova é esencial. O alcalde afirma que tódolos locales do novo edificio están xa ocupados, e que a empresa adxudicataria está cos últimos trámites para poder abrila. O novo pantalán está tamén e n proceso de adxudicación, así que para o alcalde o comezo da actividade na nova lonxa é algo inminente, como moi tarde para o próximo mes de xuño.


    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/14/resposta_alcalde_ribeira_lonxa_140320171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/14/resposta_alcalde_ribeira_lonxa_14032017.mp4{/flowplayer}