Xa está en marcha a construción dun centro de día en Lousame

centrodialousame_100_20112009.jpgLOUSAME> O edificio que se emprazará no lugar de Brandia constará dunha única planta de máis de seiscentos metros cadrados de superficie.

Lousame contará cun moderno centro de día que está previsto entre en funcionamento no ano 2012. Segundo explicou o rexedor do municipio, Santiago Freire o edificio, que se emprazará en Brandia, nunha parcela a carón da casa do concello, constará dunha única planta, para cumprir cos criterios de accesibilidade.

 A Consellería de Traballo e Benestar financiará o proxecto no que investirá unha achega de oitocentos mil euros. Os traballos de acondicionamento e aplanamento do terreo inicíaronse a primeiros deste mes. Previsiblemente a construcción do inmoble comezará o vindeiro ano.

{flowplayer}barbanza/centrodialousame.flv{/flowplayer}

O futuro centro de día destinarase a atención das persoas maiores do municipio con capacidade para un máximo de cincuenta usuarios que poderán recibir servizos de comedor, lavandería, fisoterapia, rehabilitación e atención asistencial. Tamén está previsto que A Asociación do Servizo de Tratamento e Atención a Nenos con Discapacidade de Noia utilice as instalacións do centro para poñer en marcha distintos obradoiros.

O alcalde de Lousame explicou que se está a estudiar o modelo de xestión máis viable para o centro, polo que de momento non se sabe se será o propio concello o que se faga cargo da xerencia o se pola contra se concederá a concesión do servizo.

Redacción Barbanza