![]()
POIO> Entre os actos programados, descata o bautizo do Complexo deportivo de A Seca con nome do concelleiro.
{flowplayer}images/salnes/HOMENAXE_POIO.flv{/flowplayer}
O recoñecemento levarase a cabo conxuntamente entre o Concello e os distintos clubs deportivos da localidade. Está previsto que sexan actos sinxelos pero moi emotivos, ós que están convidados tódolos cidadáns.
Dende a concellería de festexos, anunciaron a colocación dun monolito cunha placa conmemorativa no complexo deportivo de A Seca, entre outros actos.
O concello e os clubs deportivos, realizarán un dossier para a familia de Miguel Anxo, onde se recollerán os magníficos recordos de Pazos Barros como edil e patrón maior da Confraría de San Telmo.
O alcalde de Poio, afirmou que a morte do concelleiro foi un gran golpe para todos e que será dificilmente reemplazable.
Miguel Anxo Pazos Barros, de 40 anos, perdeu a vida o pasado 27 de outubro tras ser atropelado nun paso de peóns de Marín.
Redacción Salnés









