A gardería de Ribadumia estrea as novas aulas

    salome_garderia100.jpgRIBADUMIA> A gardería de Barrantes estreou xa as dúas novas aulas, unha para nenos de 0 a 1 anos, e outra para os de 1 a 2.

    {flowplayer}images/salnes/garderia_ribadumia.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> A gardería de Barrantes estreou a principios deste mes dúas novas aulas, unha para nenos de 0 a 1 anos, e outra para os de 1 a 2.

    A alcaldesa Salomé Peña visitou esta mañá o centro para ver o resultado das obras de ampliación. Con esta actuación, a gardería ten xa capacidade para atender a tódolos nenos matriculados este ano. Arestora hai 95 nenos de cero a 3 anos de idade, que se distribúen en sete aulas.

    A gardería de Barrantes estaba a ter problemas para atender tódalas peticións de praza, sobre todo para os bebés que nacían na segunda metade do ano, polo que desde a dirección están satisfeitos con esta ampliación.

    O Concello de Ribadumia investiu nesta actuación 125 mil euros. Amais das novas aulas, tamén se está a mellorar o patio de recreo exterior, a través dun convenio co centro. O patio estase a recubrir de formigón, e por riba poráselle caucho para maior seguridade dos nenos.

    Redacción Salnés