A Plataforma de Defensa da Sanidade Pública prepara mobilizacións

    sanidade_ok_copia100.jpgVILAGARCÍA> Criticaron duramente o desmantelamento do servizo de analíticas da Casa do Mar e afirman que Sanidade está a enganar á cidadanía.

    {flowplayer}images/salnes/PLATAFORMA_SANIDADE.flv{/flowplayer}

    Dende a plataforma denuncian que a decisión de trasladar o servizo de analítica para o Complexo Hospitalario de Pontevedra, é unilateral, adoptada con premeditación e aleivosía. Afirman que desfai o compromiso coa anterior Consellería de Sanidade.

     Os representantes, engaden que é unha iniciativa que vai contra o sentir de tódolos usuarios da Casa do Mar. Da mesma forma, aclaran que traslado das análises ó laboratorio do CHOP, orixina unha problemática de inseguridade co servizo de transporte das mostras extraídas.

    A plataforma en defensa da sanidade pública, asegura que dende a consellería procedeuse a unha omisión do mantemento dos instrumentos da Casa do Mar, e agora, afirman, aproveitan os problemas técnicos para desmantelala.

    Para o BNG, estase a levar a cabo unha agresión total contra a sanidade.

    Os sindicatos declararon que solicitaron dúas reunións á Conselleira de Sanidade pero que non contestou. Por elo, os días 25 de novembro e 11 de decembro levaranse a cabo protestas para dar marcha atrás á iniciativa.

     Redacción Salnés