OUTES> O Auditorio da Casa da Cultura de Outes xa forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Esta mañá formalizábase o acto coa instalación da placa que identifica ó centro coma escenario da Rede no exterior do edificio por parte do alcalde, Francisco Calo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil.
Outes súmase así ó circuíto de espectáculos promovido pola Xunta o que permitirá ampliar e mellorar a oferta que se da na localidade.
O director da AGADIC, Jacobo Sutil, destacou a importancia da colaboración institucional para ofrecerlle ó público espectáculos de xeito próximo e coas condicións óptimas para espectadores e artistas.
A estrea do auditorio outense nos espectáculos da Rede Galega de Teatros e Auditorios arrancará o vindeiro 14 de febreiro, ás 7 da tarde, coa compañía Cirkote e a súa proposta para tódolos públicos ‘Kote Malabar’. O día 21, ás 8, actuará Ibuprofeno Teatro coa obra ‘Reconversión’, para rematar o día 28, tamén ás 8, co espectáculo de Marta Alonso Tejada, ‘Bailar agora’.









