Prisión sen fianza para o presunto homicida de Outes

crimeoutes100.jpgMUROS> O Xulgado de Instrución de Muros decretou prisión sen fianza para o presunto autor do crime de Outes.

{flowplayer}barbanza/crimeoutes.flv{/flowplayer}

O pasado mércores foi a última vez que viron a José Ramón Rúa, acompañado do home co que convivía e que presuntamente acabou coa súa vida. A aparición dun regueiro de sangue entre a vivenda que compartían e outra, propiedade do falecido, levantou as sospeitas dos veciños que deron aviso á Garda Civil.

A investigación levou ó achado do corpo sen vida de José Ramón sepultado baixo cemento na horta dunha das súas vivendas. Dende o primeiro momento, tódolos indicios apuntaron ó seu compañeiro de piso como presunto autor do homicidio xa que se atopaba en paradoiro descoñecido dende que aconteceron os feitos. Finalmente, a Garda Civil dou con el na Rioxa.

Declaración

Tras declarar durante varias horas, coa axuda dun intérprete, o xuíz decretou o seu ingreso en prisión sen fianza. Mentres a investigación continúa aberta, para esclarecer o móbil e as circunstancias que rodearon o crime, en Outes continúan consternados ante o dramático suceso.

A vítima, de sesenta e sete anos, foi soterrado onte no cemiterio novo de Outes.

Redacción Barbanza