O Extrugasa mantén o liderato tras gañar en Ferrol

baloncesto250_231109.jpgSALNÉS> Por nove (74-83) gañaron as de Tito Díaz ó Universitario no que foi o seu séptimo triunfo consecutivo que lles serve para manter o liderato en solitario.

A xeira de victorias do Extrugasa elevouse este sábado a sete tras gañar nunha das canchas máis complicadas da liga como é o pavillón de O Esteiro.

Como ven sendo habitual nos últimos encontros, a saída das vilagarciáns foi espectacular, completando uns primeiros dez minutos de gran defensa en campo propio e acerto no aro rival. Moi cedo acadarían vantaxes supeiores ós dez puntos que as manterían ata o descanso.

Sen embargo trala pausa o Universiatario de Ferrol trabou máis o xogo, impuxo o seu ritmo e o Extrugasa sufríu para acadar canastras, tanto que o encontro igualouse (54-54) antes do inicio do derradeiro cuarto.

Pero ahí volveu a rexurdir a mellor versión das de Tito Díaz, que cunha defensa en zona e lideradas por unha xenial Cristina Sousa, que se foi ata os 22 puntos, pronto abríu brecha para rematar gañado sen apuros por nove, 74-83.

Unha victoria importante para un Extrugasa que mantén o liderato e que a semana que ven tocaralle descansar. Terá quince días para preparar o seu vindeiro encontro que tamén será fora de casa ante o duro Uni CajaCanarias.

Mentres na Liga EBA o Establecimientos Otero non xogou esta fin de semana. O encontro que tiña que disputar o sábado en Lugo ante o Estudiantes foi aprazado a petición do coxunto cambadés polas numerosas baixas que sufría. Disputarase este mércores a partires das 21:15horas.

Redacción Salnés