POBRA> Levará ó vindeiro pleno unha iniciativa solicitando a inclusión no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para o ano 2010.
Esta non é a primeira vez que os nacionalistas pobreses se interesan pola mellora de distintas pistas e estradas municipais existentes no concello. Recollen así o malestar dos veciños, habituais usuarios destes camiños, que se queixan do estado total de abandono e das dificultades que teñen para poder transitar por elas, tanto en vehículos como a pé.
{flowplayer}barbanza/bngmellorascabio.flv{/flowplayer}
Unha das súas solicitudes refírese á coñecida como rúa dos Areos que actualmente presenta numerosas deficiencias no seu firme, sobre a que urxe actuar con celeridade.
Os membros do BNG pobrés tamén denunciaron a situación de zonas como Garita e Costa. Por esta razón presentarán unha iniciativa plenaria a través da cal pretenden arranca-lo compromiso da alcaldía de incluir estas tres obras na súa solicitude do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para o ano 2010.
Redacción Barbanza