POBRA> Os nacionalistas da Pobra levarán a pleno unha moción sobre a necesidade de mellorar a accesibilidade en varias vías e edificios públicos do municipio. Entre os lugares que presentan maiores dificultades, os nacionalistas sinalan o entorno do adro do Caramiñal cunha pavimentación inadecuada para o tránsito de persoas con mobilidade reducida. Ademais de eliminar os atrancos nas beirarrúas e garantir a seguridade nos accesos a esta zona, os nacionalistas instan ó goberno a establecer zonas 30 e de plataforma única.
Inicio BARBANZA