Arousa Norte premia á mellor tapa de cada concello do Barbanza

BOIRO> ‘A Lareira’ de Rianxo, ‘Tres Catorce’ de Boiro, ‘Mi manda Picone’ da Pobra e o ‘Alján’ de Ribeira foron os premiados do concurso ‘Máis que tapas’ de Arousa Norte. o balance desta edición foi moi positivo con trinta e seis locais participantes e preto de cinco mil tapas vendidas.

Os autores das catro tapas premiadas, unha por cada concello, recolleron esta mañá o seu diploma como gañadores do concurso ‘Máis que tapas’ de Arousa Norte. E é que tan só con oír o nome de cada unha das creacións enténdese porque decidiron o visto bo dos clientes.

Ademais deste recoñecemento, os premiados poderán participar nun espazo de showcooking que se desenvolverá no Festival da Luz, en Boimorto, o próximo ano. Tamén os clientes tiveron premio posto que se repartiron un cento de entradas para o concerto exclusivo que terá lugar en Boiro o 28 de decembro.

O balance desta edición, na que se introduciu un novo formato, foi do máis positivo. O feito de celebralo un fin de semana en cada concello supuxo un gran aumento de locais participantes: de dezaseis a trinta e seis cunha media de mil trescentas tapas vendidas en cada municipio. Ademais, por primeira vez, participaron dúas bodegas da comarca: Entrerríos e Saborido para promocionar os viños da Indicación Xeográfica Protexida Terras do Barbanza e Iria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí