Ravella realizará cursos contra a violencia de xénero

    igualdade_copia100.jpgVILAGARCÍA> Dende o Concello vilagarcián avógase por un traballo de toa a sociedade para acabar con este grave problema.

    {flowplayer}images/salnes/25N_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    O concello de Vilagarcía, a través da Consellería de Muller, está preparando unha serie de actos conmemorativos do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de Xénero.

    Victoria Hierro, afirmou que, por desgracia, este é un problema moi arraigado na nosa sociedade. Por iso, sinalou, é necesario que tódolos poderes e tódolos cidadáns traballen xuntos para eliminalo.

    Do mesmo xeito, afirmou que hai que dar visibilidade ás víctimas pero tamén ós maltratadores. Que todos coñezan quenes son e apartalos da sociedade.

     Para o próximo día 25 está preparada a lectura dun manifesto en prol da igualdade de xénero, así como unha concentración, ás 12 no concello. Os días 3, 4 e 11 de decembro, realizaranse varios cursos de formación para os colectivos que teñan contacto coas vítimas. Tamén haberá cursos dedicados ó ensino, xa que, afirmou a concelleira de Muller, é a base para acadar a igualdade.

     Está previsto que a todos estes cursos acudan políticos, para coñecer de primeira man como elaborar iniciativas favorables á igualdade.

    Redacción Salnés