Gran victoria do Portonovo empañada por unha agresión

portonovo250_231109.jpgSANXENXO> O partido que protagonizou a xornada na Preferente Sur foi sen dúbida o que se xogou en Baltar. Victoria do Portonovo (2-0) ante outro candidato ó ascenso, o Barbadás, nun encontro que tivo que ser suspendido temporalmente por unha agresión que sufríu un dos árbitros asistentes.

{flowplayer}images/salnes/portonovo_231109.flv{/flowplayer} 

Supostamente unha das persoas situadas no graderío descuberto de Baltar lanzou unha pequena pelota que impactou na cabeza do asistente. O colexiado Francisco Rodríguez decidíu entón suspender o encontro, cando se estaba a piques de chegar ó descanso, aínda que logo puido continuarse co partido. O linier estaba en perfecto estado para seguir sobre o céspede, aínda que iso non quita que o feito sexa a todas luces condenable e que lle poida caer unha sanción ó club.

No estrictamente deportivo o Portonovo levouse tres puntos importantísimos ante un rival directo polo ascenso como o Barbadás. Os ourensáns, eso sí, foron a polo partido dende o inicio e nunca renunciaron ó ataque. De feito o primeiro aviso dérono eles cun lanzamento ó poste de Almeida.

As ocasións sucedéronse dun e doutro lado. Pouco despois avisaba o Portonovo cun lanzamento de Ero que se marchaba alto.

Óscar Guimeráns foi un dos destacados onte. Ademais de facer o segundo tanto fabricou o inicio da mellor xogada do partido que mereceu rematar en gol. 

O primeiro tanto, obra de Ero, chegaba no minuto 28; tras moito intentalo o esforzo era recompesando. O testarazo, inapelable.

Co marcador a favor o Portonovo soubo xogar e manter a súa portería a cero, pese ós intentos do Barbadás de remontar. Guimeráns sentenciou no choque no 85′ para deixarlle tres puntos a un Portonovo que prosigue cunha escalada vertixinosa e xa é terceiro.

Redacción Salnés