O Vilalonga perde contra dous rivais de categorías inferiores

plantilla_deportesfutbol.jpgSALNÉS> Esta fin de semana disputáronse partidos de pretemporada. O Vilalonga, un dos dous representantes do Salnés na Terceira. Tanto o sábado como o domingo perdeu ante o Céltiga e o Unión Dena.

{flowplayer}images/salnes/FUTBOL.flv{/flowplayer}

Moitas dúbidas son as que deixou o Vilalonga esta fin de semana. Primeiro o sábado en Moraña, no Trofeo Carneiro ó Espeto onde caeu co Céltiga por 4-0. O partido estivo marcado pola arbitraxe. Pese a ser un duelo amigable, ambos conxuntos quedáronse con dez xogadores na primeira parte polas expulsións de Darío e Abraham. Os celestes rematarían o encontro con nove despois de que o colegiado non lle permitise a entrada no terreo de xogo a un xogador que saíra con anterioridade.

Fora diso, o Céltiga amosouse como un conxunto máis formado e armado que o Vilalonga. Aarón de penalti na primiera parte, e Manuel, cun hat-trick no cuarto de hora final redondearon a goleada dos de José María Rial. A falta de gol e os problemas defensivos foron as carencias dos de Leis.

O resultado non sería alarmante se non se vise acompañado doutra derrota, desata volta ante un Segunda Autonómica como o Dena. Volveu o gol pero tamén os erros en área propia. O Vilalonga foi por diante no marcador pero deixouse remontar para acabar cedendo por 3 a 2.

Esta fin de semana tamén deixou outros resultados destacables: o Portonovo caeu na casa ante Pontevedra por 0-3 e despedíuse da Copa Deputación tras perder nos penaltis co Marín. Mentres o Ribadumia eliminou ó Sanxenxo deixando unha moi boa imaxe e impoñéndose por un contundente 6-0. O Cambados fixo o propio co Gran Peña ó que superou por 3-0.

Redacción Salnés