A Deputación de Pontevedra aposta en firme pola biomasa

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/28/depu.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/28/eficiencia_enerxetica_dipu.mp4{/flowplayer} PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra lidera un proxecto de aforro enerxético cos Concellos da Provincia co fin de conseguir reducir as facturas enerxéticas ata o 40 %. Aposta de xeito decidido pois pola instalación de caldeiras de biomasa, que amais contribúen a diminuír as emisións de CO2 e xeran emprego na nosa terra. Cincuenta e catro alcaldes e técnicos municipais da Provincia asistiron hoxe no Pazo Provincial a unha ampla conferencia informativa sobre as caldeiras de biomasa e a súa implantación para aforrar na producción enerxética nas grandes instalacións municipais. Trala experiencia levada a cabo nas instalación de Príncipe Felipe, a Deputación apunta a reducción das facturas por enerxía de ata un 40 %. Con esta forma de enerxía contribúese tamén á reducción das emisións de CO2 á atmosfera ó tempo que se revalorizan os montes galegos e se crea emprego na nosa comunidade. Amais a inversión por parte dos Concellos é apenas relevante posto que será o INEGA da Xunta de Galicia e as propias entidades privadas instaladoras as que asuman o custe do cambio dos sistemas actuais ós de biomasa con pellets ou astillas. A propia Deputación predica co exemplo e estenderá a implantación das caldeiras de biomasa a parte das súas cincuenta e unha propiedades. Neste senso medioambiental, a Deputación de Pontevedra asinará mañá un convenio ca fundación El Árbol es vida, mediante o que se desgravarán ás empresas ata o 90 % da inversión que realicen na reforestación do país.