O PP pide ao concello que reaccione para desbloquear as obras da praza

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/06/pp_praza_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/06/pp_praza_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

     

    VILAGARCÍA> O Partido Popular pide ao goberno de Vilagarcía que reaccione para solucionar o bloqueo das obras da Praza de Abastos. Tomás Fole asegura que el non coñecía a orde de Patrimonio de devolver a escaleira central ao seu sitio tras finalizar a primeira fase. Algo que, insiste, debería coñecer o actual alcalde que, recordemos, traballaba no concello como asesor da xerencia de urbanismo.

    O Partido Popular pide ao goberno de Vilagarcía que reaccione para solucionar o bloque da segunda fase da reforma da praza de abastos. Tomás Fole non asume ningunha culpa e asegura que el non coñecía a orde de Patrimonio de restituír a escaleira. 

    A xuízo de Fole, quen si debería coñecer os problemas que tería o proxecto para tramitarse en Patrimonio, é o actual rexedor. Como xa fixera co expediente de Megasa, o popular recordou o traballo de Alberto Varela como asesor da Xerencia de Urbanismo.

    Para Fole, a situación actual tamén deriva da decisión do goberno bipartito de Dolores García de facer o proxecto de reforma por partes, en lugar de entregar un completo que conseguira o visto bo de Patrimonio. Tamén alerta do risco de perder a subvención da Xunta para a remodelación.

    A problemática da praza está a encher a axenda do goberno. O alcalde convocou para o martes ao grupo de traballo de urbanismo e infraestruturas para analizar o proxecto con toda a oposición. Previamente, o luns reunirase coa directora xeral de Comercio e coa directiva dos praceiros.