ANFACO, Arousa Norte e AGACOME chegan a un acordo para producir

    foto_anfaco_100.jpgO SALNÉS > A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos ANFACO, chegou hoxe a un acordo ca asociación…

    … de Cocedeiros de Mexillón AGACOME, e ca asociación productora Arousa Norte para retomar a súa actividade nesta mesma xornada. Esta volta ó traballo vaise a facer inicialmente cas condicións imperantes antes do 1 de agosto deste ano, data na que comezaron os paros extractivos; e deixarán para adiante as negociacións pormenorizadas sobre os flocos pendentes; que mesmo poderían dar na creación dun grupo interprofesional de traballo.

    Desde ANFACO afirmaron que van a seguir adiante pola vía legal para evitar posicións dominantes no mercado que eviten a liberdade de empresa para que todo sector teña unha maior competitividade fronte o producto foráneo. Fronte a estas importancións, ratificaron a súa aposta polo producto galego.

    As tres partes implicadas na negociación amosáronse satisfeitos con este acordo que propiciará a volta o traballo de case 2.000 traballadores da industria conserveira; e outros 700 empregados dos cocedeiros; ademais dos productores de Arousa Norte. Asemade, este acordo está aberto a calquera asociación ou organización legalmente constituída que se queira adherir.

    Contestación PLAGIMEGA e Consello Regulador

    A resposta da outra parte implicada no conflicto non se fixo de esperar. Desde a Plataforma da Distribución do Mexillón de Galicia, PLADIMEGA, definen a situación como un paso atrás ou batalla perdida; namentres que desde a dirección do Consello Regulador do Mexillón de Galicia aseguran que esta é outra das imposicións do monopolio de ANFACO.

    Por unha banda, o voceiro de PLADIMEGA valorou este acordo de ANFACO; AGACOME e Arousa Norte como unha mágoa; posto que no canto de chegar a un acordo unicamente co 18 % das bateas galegas podería terse chegado a un acordo co total.

    Engadiu tamén, que a partir de agora, as asociacións que representan terán que adoptar un acordo conxunto, que probablemente pase pola reanudación da actividade facendo os descontos do oito por cento na grella; algo que de seguro hipotecará o futuro deste sector xa na presente campaña.

    Pola súa banda, o presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Ramón Dios puxo en dúbida que esta solución parcial sexa válida na práctica posto que o tanto por cento que supón Arousa Norte non vai a ser suficiente para abastecer a toda industria transformadora. Así as cousas, cualificou a actual decisión dunha imposición máis do monopolio de ANFACO.

    Redacción Salnés