![]()
VILANOVA> A 16º edición do Campionato desenvolveuse en Pazo Baión. En segundo lugar quedou Nacho Costoya, Campión Nacional de Xefes de Sala Maitres.
{flowplayer}images/salnes/CAMPIONATO_SUMILLERES.flv{/flowplayer}
Doce profesionais, de máis de trinta que se presentaron a concurso, compuxeron o cadro de sumilleres que participaron na décimo sexta edición do Campionato Galego de Sumilleres. O certame desenvolveuse nas instalacións de Pazo Baión, en Vilanova. o Presidente da Asociación Galega de Sumilleres, organizadora do concurso, salientou o alto nivel que se rexistrou tanto de participantes coma pola banda do xurado.
O Concurso comezou coa semifinal na que os doce participantes tiveron que someterse a unha proba organoléptica, a un cuestionario e a outra de identificación de tres produtos en copas negras. De aí catro pasaron á final que consistiu nunha cata errónea, en ofrecer unha maridaxe e venta, para rematar cunha decantación.
Finalmente, o gañador da anterior edición, Tyalis Veiga revalidou o seu título. En segundo lugar quedou o actual Campión Nacional de Xefes de Sala Maitres, Nacho Costoya e en terceiro Eduardo Camiña e Daniel Rafael Marín que compartiron podio.
O Campión Galego representará á Comunidade no Campionato de España que se vai a celebrar tamén este mes en San Sebastián.
Redacción Salnés









