A construción da zona deportiva en Tragove segue no aire

    bng_cambados_100_241109.jpgCAMBADOS> O BNG local afirma que non existe ningún proxecto redactado nin informe medioambiental que valore esta promesa do PP cambadés.

    {flowplayer}images/salnes/241109_bng_cambados.flv{/flowplayer}

    Moita promoción de cara ó medios de comunicación, pero nin rastro de documentos que rexistren cómo se vai levar a cabo nin as consecuencias que terá para o ecosistema mariño. Para os nacionalistas de Cambados, a promesa de crear unha zona de deportes náuticos e a instalación de comportas no Saco de Fefiñáns non deixou de ser iso, unha promesa electoral do Partido Popular. Algo que constataron despois de preguntar no pleno da corporación e no Parlamento galego se existe algún proxecto escrito, un estudo de impacto ambiental ou se o concello se puxo en contacto coa confraría de pescadores, e obter unha negativa por resposta.

    Pero isto non sería o máis grave. De facerse estas instalacións, podería verse afectado o banco marisqueiro asentado no lugar, e con el, o emprego de preto de 190 mariscadoras. Por iso, Víctor Caamaño fai un chamamento á responsabilidade. Que os populares se deixen de promesas electoralistas e concreten claramente ós cidadáns que é o que pretenden facer.

    Os nacionalistas fan tamén especial fincapé na necesidade de que se realice un estudo de impacto ambiental e que se complete o saneamento de tódolos sumidoiros que poidan verter augas residuais no Saco.

    Redacción Salnés