Un dinosauro humano para celebrar a semana da ciencia

    semana_ciencia_100_241109.jpgCAMBADOS> Os alumnos do IES Francisco Asorey reproducen a tamaño real o que se considera o sauro máis grande en homenaxe a Darwin.

    {flowplayer}images/salnes/241109_semana_da_ciencia.flv{/flowplayer}

    Os alumnos do IES Francisco Asorey fixeron unha reprodución a tamaño real do argentinosaurius, o que se cre o dinosauro máis grande que existiu. E tamén unha aproximación ó seu peso, 60 toneladas que sumarían, máis ou menos, os preto de 600 alumnos que participaron nesta actividade. Forma parte dos actos organizados para celebrar a semana da ciencia. Este ano está dedicada ó que se considera o pai da teoría da evolución das especies, Charles Darwin, e á Astronomía.

    Arredor da Astronomía, os alumnos están a realizar tamén unha reprodución a escala do sistema solar, os movementos da terra e as súas consecuencias: o día e a noite e a sucesión das estacións. Todo isto completarase mañá cunha charla divulgativa na que se intentará amosar cómo a ciencia tamén pode resultar divertida.

    Tódolos traballos que se poden ver nesta exposición son obra dos alumnos de primeiro curso de secundaria, e o seu contido servirá de poio ó temario das clases de ciencias.

    Redacción Salnés