O PP de Catoira presenta a Marcos Coira como candidato á alcaldía

    marcoscoira_100_070307.jpgCATOIRA > Marcos Coira. É o nome do candidato á alcaldía polo PP en Catoira. Coira foi presentado está mañá polo presidente do Partido Popular…

    …de Pontevedra, Rafael Louzán e José Juan Durán. O candidato, ocupaba o terceiro posta na lista presentada polos populares en Catoira nos anteriores comicios. Afirmou hoxe estar a traballar nun proxecto de suma e sobre todo, renovador.

    O Partido Popular de Catoira presentou hoxe en sociedade ó seu candidato á alcaldía. Trátase de Marcos Coira, un licenciado en política de 29 anos que nos comicios de 2003 ocupaba o terceiro posto na lista catoirense. A elección de Marcos Coira produciuse durante unha asamblea á que acudiu máis da metade da militancia popular, na que foi elixido por unanimidade. O catoirense está xa a traballar nun proxecto que tildou de ilusionante e ata certo punto reformista.

    Invitación

    O presidente provincial do PP, Rafael Louzán, asegurou que tanto en Catoira coma no resto da provincia, as candidaturas populares tentan ser sumativas e non excluíntes, polo que están abertos á participación do grupo de independentes da vila neste novo proxecto electoral.

    Redacción Salnés