![]()
VILAGARCÍA> As obras do polígono Barro-Meis están executadas a un 95%, e están á venda 50 parcelas a 145 euros o metro cadrado.
{flowplayer}images/salnes/POLIGONO_BARRO_MEIS.flv{/flowplayer}
Na Cámara de Comercio de Vilagarcía, Rafael Louzán explicou que este polígono é unha resposta importante a unha demanda de solo industrial na provincia, fundamentalmente, no entorno das áreas urbanas. Un tecido industrial dirixido a crear riqueza e postos de traballo. Louzán explicou ós presentes que a Deputación é a primeira administración que, en 5 anos foi capaz de creas solo industrial.
Para elo, dende a entidade provincial, estanse a levar a cabo medidas para estimulalos empresarios. Entre elas, aprazar o pago do 75% do custe do chan durante cinco anos.
Actualmente, están vendidas o 40% das parcelas. Ademais, xa se están tramitando no concello de Barro, as correspondentes licencias para a construción de naves. No 2010 xa haberá actividade no polígono, un parque empresarial moi competitivo,financiado exclusivamente con fondos da Deputación.
O polígono Barro-Meis está integrado por 4 grandes bolsas de chan industrial con cerca de 2 metros cadrados. Conta acceso a vías de grande capacidade como a AP9, a autovía do Salnés, o corredor alternativo ou a PO 531.
Redacción Salnés









