As mariscadoras perden a metade do produto pola acumulación de algas

    mariscadoras_copia100.jpgPOIO> A cantidade acumulada pode superar as 200 toneladas, que forman unha capa que asfixia o marisco.

    {flowplayer}images/salnes/MARISCADORAS_POIO.flv{/flowplayer}

    As mariscadoras levan cos labores de limpeza dende comezos de verán, para intentar frear unhas perdas que xa acadan o 50% do produto.

    Toneladas de moluscos morreron asfixiados no que vai de verán, unhas perdas que tamén afectarán á colleita do ano que ven. O grosor das capas que se forman sobre a area, pode acadar os 30 centímetros, impedindo que ameixas e berberechos respiren.

     A diario, preto de duascentas mariscadoras deixan de recoller os moluscos para ocuparse das tarefas de limpeza. Pero a marea devolve as algas ós areais. As traballadoras calculan que a cantidade que cubre preto do 15% da súa zona de marisqueo, podería superar as 200 toneladas.

    A pesares de que dende o sector agradecen a colaboración do concello de Poio nestas tarefas, aseguran que a axuda é insuficiente.

    A preocupación e a impotencia pesan cada vez máis sobre o ánimo das mariscadoras de Poio que aseguran que continuarán retirando as algas dos areais para salvar o pouco produto que lles queda.

    Redacción Salnés