Landín asegura que as obras de Barosa contan con todos os permisos

    BARRO > O alcalde de Barro asegura que as obras de Barosa contan con tódolos permisos. O martes varios veciños e o grupo municipal do BNG denunciaban que os traballos de explanación que se fan na zona supoñen un atentado medio ambiental e que tratarían de paralizalos. O rexedor asegura contar con tódolos informes favorables e por tanto continuará coas obras.

    landineirin_300_140606.jpgAs máquinas continúan traballando en Barosa posto que as obras de construcción dun gran aparcamento contan con tódolos permisos, entre eles os de Medio Ambiente. Segundo o alcalde, o novo goberno paralizou o convenio asinado polo anterior pero non o suspendeu, polo que a orde de paraliza-los traballos baseándose en que xa non tiñan presuposto resulta insostible.

    Ademais o orzamento existe posto que o concello, ó ver paralizado o convenio da Xunta, buscou unha nova vía de financiamento con cargo ó PRODER. Tamén recorda que a urxente ocupación foi declarada polo goberno bipartito, polo que as denuncias actuais só responden ó interés político dun grupo que tenta botar abaixo cada obra que se fai no concello.

    O alcalde insiste en que case un cento de propietarios venderon sen problemas as súas fincas e só media ducia se opoñen á obra.

    Redacción Salnés