Convidan ó comercio de Vilagarcía a vender en comerciogalicia.es

    comerciogalicia_ptac100.jpg VILAGARCÍA> O comercio local xa pode vender as 24 horas do día, a través do portal comerciogalicia.es.

    {flowplayer}images/salnes/comerciogalicia.flv{/flowplayer}

    A directora xeral de Comercio, Nava Castro, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e maila presidenta de Zona Aberta participaron na presentación celebrada en Vilagarcía. O portal do comercio galego está a disposición do sector desde o pasado 1 de abril e pretende ser unha nova vía para incrementar as vendas e chegar a novos clientes nestes tempos de crise.

    A plataforma permite que os establecementos de proximidade galegos combinen a súa actividade tradicional coa venda a través de internet. Segundo a Federación Galega de Comercio isto permitirá ó pequeno comercio mellorar a súa competitividade e ampliar mercados, amais de ofrecer os seus productos a un público máis amplo.

    Este novo escaparate ofrece servizos de envío e de pagos unificados, ademais de vantaxes como a venda por lotes. Asemade, os clientes poden mercar en distintas tendas cunha soa transacción económica.

    A directora xeral de Comercio, Nava Castro, animou ós comerciantes de Vilagarcía a sumarse a esta iniciativa, xa que lles posibilitará abrirse a novos mercados e aumentar os servizos que ofrecen ós seus clientes.

    Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, definiu comerciogalicia.es como un proxecto moi ambicioso, pero necesario, xa que permitirá ó comercio local estar á altura das grandes empresas ou cadeas de distribución.

    Redacción Salnés