Conta atrás para a Festa do Lacón: domingo 21 de febreiro

    lacon_con_grelos_copia.jpgCUNTIS> Este ano, chega a edición número 13 con moitas sorpresas e, sobre todo, un sabor especial, xa que busca a máxima proxección para a súa declaración como festa de interese turístico.

    {flowplayer}images/salnes/FESTA_LACON_CUNTIS.flv{/flowplayer}

    O concello, as asociacións e particulares que colaboran na festa levan meses traballando para mostrar a mellorar cara da edición. Non só para o disfrute dos turistas, hai que dalo todo porque o Concello vai solicitar a declaración de festa de interese turístico.

    Que se trate da decimoterceira celebración, non mina os ánimos de Cuntis. Saben que teñen un bo produto que vender, unha festa na que participan tódolos cidadáns do concello. Ademais, a concelleira de Cultura e Turismo, sinala que os obradoiros, actividades e exposicións que se realizan durante a Festa do Lacón, continúan en Cuntis durante varias semanas máis, polo que aportan dinamismo cultural á localidade.

     Para este ano espéranse moitas sorpresas, como a feira de artesanía, e consolídanse outras como a vespa lacón, ou o entroido tradicional. O que non falta ningún ano é a mostra da camelia, que cada ano consigue superar o número de participantes e os metros de exposición.

    E para rematar a celebración, procederase ó velorio e ó enterro do Chapante, que este ano conta cunha banda.

    O día 21 non se poden perder a Festa do Lacón en Cuntis, un acontecemento moi especial que esperamos consiga o título de Festa de interese turístico.

    Redacción Salnés