![]()
SANXENXO> O presuposto municipal para 2010 ascenderá a 55 millóns de euros. O Concello di que este ano houbo unha forte caída de ingresos, …
… de máis de 4 millóns e medio de euros e cren que en 2010 baixarán outros 2 millóns.
O goberno local di que manterá o persoal que ten o Concello, pero advirte que tivo que facer recortes económicos na maioría dos departamentos, de entre un 15 e un 20 por cento. Nas contas para 2010 xa non figura o salario da edil de Cultura, que renunciou este ano ó soldo municipal cando foi nomeada senadora, nin tampouco os do asesor da alcaldía, nin do coordinador da Xerencia de Urbanismo, postos que desaparecen. O goberno local lembra tamén, que os seus edís manteñen conxelado o soldo aprobado en 2007 e que xa renunciaron hai meses á asignación ó seu partido político.
Pese a isto, o Concello asegura que o vindeiro ano aplicará un incremento do 0,3 por cento nos salarios do persoal municipal e conservarase a achega a plans de pensións, superior ós 25.500 euros, ademais da partida dedicada a formación. Así llelo dixeron onte ás distintas Mesas de Negociación.
Os sindicatos Comisións Obreiras, UXT e CIG quéixanse de que non tiveron tempo real para estudar este presuposto, xa que os convocaron o venres pola tarde. Din estar fartos dos incumprimentos do Concello e reclaman a posta en práctica dun acordo regulador para os funcionarios, e dun novo convenio colectivo para o persoal laboral. Piden tamén a promoción dos postos de traballo que realizan funcións de superior categoría e o cumprimento das ofertas de emprego.
A proposta de presuposto será analizada o xoves na Comisión de Contas e irá a pleno o vindeiro luns.
Redacción Salnés








