Mensaxe de ánimo do empresario José Abal tras superar o coronavirus aos 77 anos

MEIS> Entre as novas altas na área sanitaria Pontevedra e O Salnés está a de José Abal Vidal. Dende a súa casa, o empresario meisino quixo mandar unha mensaxe de ánimo e esperanza.

Con setenta e sete anos, patoloxías previas, e operado hai uns meses para cambiar unha válvula coronaria, José Abal gañou a batalla contra o coronavirus. O empresario ingresaba o pasado mércores no Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra con falta de padal e insuficiencia respiratoria. O test deu positivo en COVID-19. Onte, despois de sete días no centro hospitalario recibía a alta hospitalaria. Sen dúbida unha excelente noticia que o persoal celebraba deste xeito.