O Concello de Ribadumia denuncia incidencias nos sistemas informáticos

    RIBADUMIA> O tripartito de Ribadumia denunciou ante a xustiza a sustración de discos duros e o borrado de datos en servidores informáticos, días antes da toma de posesión do novo equipo de goberno en 2015. Unhas irregularidades atopadas, segundo manifesta o goberno actual, de maneira fortuíta ao querer poñer “a punto” a páxina web municipal. 

     

    A principios de ano, o equipo de goberno en Ribadumia detectou, ao actualizala páxina web e tras contratar o sistema de gravación dos Plenos, unha seria incidencia nos servidores informáticos que almacenan a información relacionada coa xestión administrativa do Concello.

    Despois de facer unha auditoría e analizalos seus resultados o tripartito puxo en coñecemento da xustiza estes datos, a fin de que se aclaren as responsabilidades despois destes feitos. 

    O PP de Ribadumia enviou hoxe un comunicado aos medios, no que admite que si nun primeiro momento non acusa directamente ao PP, si que o grupo de goberno suxire na súa denuncia, que sea Salomé Peña a que compareza no xulgado como investigada. 

    Para os populares esta situación é unha clara “cortiña de fume” que tapa, segundo di o comunicado, a inexistente xestión do tripartito. Ademais dende as filas do principal partido da oposición pídenlle ao alcalde, que a efectos de salvagardar os bens do concello, non permita que haxa “tanto ir e vir de persoas no edifico municipal fora dos horarios administrativos” , algo que segundo o PP de Ribadumia, pasa a diario ata altas horas da noite. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/25/borrado_discos_ribadumia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/25/borrado_discos_ribadumia.mp4{/flowplayer}