Os veciños da PO531 esixen á Xunta que remate a estrada

    po531_copia100.jpgPONTEVEDRA> A plataforma pensaba que co novo executivo da Xunta a solución estaba encamiñada, pero agora xa non a ven clara.

    {flowplayer}images/salnes/PLATAFORMA_PO531.flv{/flowplayer}

    Os veciños parecen non estar dispostos a permitir que a Xunta deixe de lado nos orzamentos, a reforma da estrada que comunica Pontevedra con Vilagarcía. Por iso, expresaron hoxe a súa protesta antes de que se aproben definitivamente as contas autonómicas do 2010.

    A plataforma, presentou 3 escritos de desconformidade ó delegado da Xunta, José Manuel Cores, o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, e o rexedor de Barro, José Manuel Landín. As asociacións de veciños, están decepcionadas pola lentitude do novo goberno á hora de encarar o problema.

     O alcalde de Pontevedra, sumouse á plataforma veciñal e tamén mostrou o seu malestar pola omisión da estrada 531 nos presupostos.

    Na última etapa do bipartito e nos primeiros meses do Partido Popular, os veciños xa alcanzaran un consenso coa Xunta, en torno ó tratamento urbano da zona de Bretoña, o nó pequeno de Curro e A Devesa. Sen embargo, quedaba pendente o deseño do tramo de saída de Pontevedra, desde o Vao a Campañó.

    Redacción Salnés