Upta celebra o II Foro do Mar co obxectivo de conseguir melloras laborais nos diferentes traballos do sector

VILAGARCIA> A confederación Upta celebra o seu segundo foro do mar en Vilagarcía. O evento permitirá o contacto directo entre as traballadores do mar e os responsables de diferentes entidades ou administracións como a vicepresidenta segunda do goberno Yolanda Díaz. A organización agarda repetir o éxito da pasada edición en Cambados e conseguir melloras para as traballadoras do mar como os coeficientes redutores ou as enfermidades profesionais.

A confederación Upta busca repetir o éxito do ano pasado e organiza, colaborando con Anmupesca, o seu segundo foro do mar. A cita este ano celebrase en Vilagarcía en lugar de en Cambados, pero o evento ten os mesmos obxectivos, conseguir melloras para as traballadoras e os traballadores do mar.

Uns obxectivos nos que xa se avanzaron na pasada edición conseguindo a igualdade no coeficiente redutor entre as mariscadoras a pé e os mariscadores a flote.

O foro permite poñer en contacto directo ás traballadoras do mar cos responsables de diferentes áreas ou administracións, como a vicepresidenta segunda do goberno Yolanda Díaz. Un contacto que para Agtapar – Upta é fundamental.

O foro rematará no día de mañá coa propia intervención da vicepresidenta segunda do goberno. Dende Upta agardan conseguir melloras para o sector que se vexan reflexadas nas vindeiras datas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí