Sanxenxo volver a bater o récord nacional de bandeiras azuis

    SANXENXO> Sanxenxo lidera de novo o ránking nacional coas súas 11 bandeiras azuis. Uns recoñecementos que se elevan ata 17 se contamos os concedidos por primeira vez a 4 sendeiros, e os do porto de Sanxenxo e o Centro de Interpretación Ambiental As Telleiras. Sanxenxo volve a ser referencia en canto as xa coñecidas bandeiras azuis. Estes distintivos concedidos pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor outorgou a vila 11 recoñecementos os seus areais, e por primeira vez, recoñece 4 sendas. Ademais a estes 15 recoñecementos hai que sumarlles outros dous; o do porto deportivo Juan Carlos I e o do Centro de Interpretación Ambiental de A Telleira. Estas bandeiras ondearan nos areais de: O Espiñeiro – A Lanzada, Silgar, Baltar, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Báscuas, Pragueira, Major, Foxos e Areas Gordas – A Lapa. Uns 11 areais que precisaran de un elevado número de socorrista de cara ao verán por iso dende o concello fan un chamamento a todos aqueles que teñan feito o curso de socorrista. Uns recoñecemento que complementará a bo seguro as labores de promoción da vila a nivel turístico. Sen dúbida unha boa noticia para este municipio pontevedrés que actualmente ostenta o título de ser o municipio de España con máis distintivos de este tipo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/10/bandeiras_azuis_sanxenxo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/10/bandeiras_azuis_sanxenxo.mp4{/flowplayer}