O Viajes Interrías remonta un partido imposible en Santiago

futbolsala250_241109.jpgSALNÉS> Esta xornada gañaron tanto Grupo Junquera como Viajes Interrías. Quizais a victoria máis importante a dos posrtonoveses, que foron quen de remontar na segunda metade un 7-2 en contra. Victoria épica dos de Salgueiro.

Poucas veces víuse unha remontada tan espectacular como a protagonizada polo Viajes Interrías nesta última xornada ante o filial do Lobelle de Santiago. Xa lles tocaba ós de Salgueiro gañar un partido así despois de ter caido noutros do mesmo xeito.

O cadro compostelán dominou no xogo e no marcador durante vintecinco minutos. Fóronse 4-2 ó descanso e trala pausa tres goles máis poñían as cousas moi complicadas ó Interrías. 7-2 no marcador e 15 minutos por diante.

Pero a partir de ahí cambiou a decoración. A táctica dos visitantes á desesperada funcionou. Cunha interpretación perfecta do porteiro-xogador, foron caendo os goles e, o máis importante, non cometeron erros que lles fixese encaixar. A dous minutos para o final Javi Alvéndiz culminaba a remontada co 7-8 final que deixa ó Interrías nunha posición cómoda na xeral, en metade de táboa, con catro victorias e seis derrotas en dez partidos.

Como seis son as victorias consecutivas que leva un Grupo Junquera imparable. Resultado (4-2) que se antolla curto para os meritos duns e outros, xa que os vilagarciáns foron os dominadores do ritmo do xogo e dispuxeron de máis ocasións de gol que non chegaron a culminar.

Enfronte, o Viana do Bolo demostrou ser un equipo con moita experiencia e chegou ós últimos tres minutos co maracdor empatado (2-2). Foi entón cando Rodrigo Feijóo quixo arriscar e con porteiro –xogador, Adrián fixo o 3-2 e logo Fran mataría o partido co cuarto tanto. O Junqiuera continúa segundo a dous puntos do líder, Pinturas Brulak.

Redacción Salnés