Máis de corenta comercios de Noia participarán mañá sábado no ‘Sábado Negro’

NOIA> Uns corenta establecementos comerciais participarán mañá sábado nunha nova edición do ‘Sábado Negro’ organizada por Noia Histórica. As tendas abrirán as súas portas ata as dez da noite e ofrecerán descontos do vinte por cento en tódolos seus artigos.

Noia Histórica organiza unha nova edición do Sábado Negro. Será mañá sábado e a ela sumaranse máis de corenta tendas dos máis variados sectores con descontos de ata un 20% en tódolos artigos de tempada.

Ademais dos descontos, os participantes organizarán actividades complementarias coma unha chocolatada a partir das seis da tarde na Praza do Curro, inchables para nenos na Praza do Cantón e degustación de gominolas en tódolos comercios participantes na iniciativa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí