Porto de Vilagarcía e a Fundación contra o narcotráfico, unidos

    autoridade_portuaria_copia100.jpgVILAGARCÍA> A Autoridade Portuaria de Vilagarcía e a Fundación Galega contra o Narcotráfico, colaborarán na loita contra a droga. Suporá unha inversión de 3.000 euros.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_FUNDACION_PORTO.flv{/flowplayer}

    O obxectivo desta colaboración é levar a cabo actos nos que se denuncie e se sensibilice á sociedade sobre os problemas do narcotráfico e as súas consecuencias.

    É de sobra coñecido, que a ría de Arousa é a principal vía de entrada de droga, non só para quedarse en Galicia, senón tamén, para logo distribuíla no resto de España.

    Por iso, Javier Puertas, afirmou que é a hora de que a Autoridade Portuaria se una á Fundación Galega contra o Narcotráfico para loitar contra esta lacra social.

     O presidente da Fundación, José Manuel Siso Bartomé, declarou que, co apoio da Autoridade Portuaria, realizaranse actividades para impedir o nacemento de narcotraficantes

    O Porto de Vilagarcía colaborará coa Fundación Galega contra o Narcotráfico investindo 3.000 euros.

    Redacción Salnés