CAMBADOS> Cambados celebrará unha especial 70 edición das festas do Albariño. A vila recupera o seu gran festexo e o fai con 10 días de celebracións. Batucadas, pasacalles e actividades para nenos durante todos os días serán o preludio de concertos de talla mundial como Nicky Jam, Morad e as Tanxugueiras.
A 70 edición da festa do Albariño será recordada sempre en Cambados. A vila recupera o seu tradicional festexo trala pandemia e o fai con 10 días de celebracións. As batucadas, as pasacalles e as actividades para nenos estarán presentes durante todos os días e por todas as zonas da vila.
O día 29 a festa abrirase por todo o alto. Primeiro dende o punto de vista sentimental co pregón de Pitusa Cabanillas e logo co concerto do artista internacional Nicky Jam.
Os concertos, as verbenas e as actividades infantís continuarán durante a fin de semana e se dará un descanso aos concertos en Fefiñáns o luns. O martes celebrarase outro dos días grandes da festa.
O mércores será outro día grande co concerto, de entradas xa esgotadas, de Morad e Beny Jr. Os concertos e a verbena continuarán o resto da semana pero coa novidade este ano de que a segunda fin de semana as orquestras trasladaranse a San Tomé.
O sábado terá lugar a actuación de Dorian e os concertos pecharanse o domingo co grupo M5. Ese día ademais terá lugar o xantar popular e a tirada de fogos de artificio. Unha gran festa do albariño que tamén ten a súa parte negativa. Dende o concello lamenta a falta de reforzo sanitario por parte da consellería.