CAMBADOS> Xornada para reivindica-la vieira de Cambados. A iniciativa forma parte da campaña ‘Peixes e Mariscos de España’ do Ministerio de Pesca e conta co apoio da Federación Nacional de Confrarías. Hoxe celebrouse a parte destinada a profesionais cun acto na confraría cambadesa. Mañá, organizarase na praza de abastos a segunda parte, cunha degustación de balde deste produto.
É unha das grandes referencias da gastronomía galega e todo un símbolo da actividade mariñeira de Cambados. Falamos da vieira, un produto que estes días estase promocionando na localidade a través da campaña ‘Peixes e Mariscos de España’ do Ministerio de Pesca. Detrás da iniciativa está tamén a Federación Nacional de Confrarías. A clave, explican, é diferencia-lo produto.
A primeira das accións, celebrada esta mañá estaba destinada a profesionais do sector da hostalería e a comercialización de produtos da pesca. A presentación tivo lugar na confraría cambadesa.
Mañá terá lugar a segunda parte desta iniciativa cunha degustación de vieiras na praza de abastos da localidade. Serviranse 200 racións.
A promoción da vieira continúa con outras iniciativas: haberá tamén unha degustación na praza de abastos de Pontevedra e volve tamén a Cambados a festa da vieira.