O IGVS non acometerá o polígono do Son por ‘falta de demanda’

    poligonoson_100_200907.jpgPORTO DO SON > O director xeral do IGVS informou de que non se executará o polígono do Son, en resposta a unha pregunta do deputado José Manuel Lage.

    Segundo Lage Tuñas, o que o levou a presentar este requerimento no Parlamento foi a preocupación tanto do grupo socialista municipal do Son coma empresarios da localidade por saber o que ía pasar co parque proxectado.

    O polígono industrial do Son estaba aprobado dentro do plan sectorial de áreas industrias de Galicia xunto con outros da comarca, como a ampliación do de Espiñeira en Boiro ou o de Rianxo.

    De todos os parques incluidos neste plan é o único que non se vai executar, no canto farase un supramunicipal entre os municipios da Pobra e Ribeira. Segundo o director xeral do IGVS, Daniel del Pino, non existía a demanda suficiente para executar o parque do Son e a demanda suscitada solucionase coa construcción do poligono industrial supramunicipal na comarca de Arousa Norte.

    Lage Tuñas considera que aínda que a iniciativa do parque supramunicipal é boa, a mellora das comunicacións nas dúas comarcas, Arousa Norte e Muros-Noia conlevará máis demanda de solo industrial, polo que pode que con este polígono non sexa suficiente.

    Redacción Barbanza