A Xunta segue a ampliar os recursos de atención á Terceira Idade

POBRA> A Conselleira de Política Social visitou as instalacións do centro de día da Pobra. Este servizo conta con vinte usuarios que reciben atención personalizada durante oito horas.

A Conselleira de Política Social quixo coñecer de primeira man os servizos que presta o centro de día da Pobra. No transcurso da visita, tivo ocasión de falar con algúns dos vinte usuarios con que conta na actualidade. Ademais coñeceu as aulas de rehabilitación e de estimulación sensorial así como as diversas actividades de terapia ocupacional que se imparten no centro. A aposta da Xunta por este tipo de servizos cuantifícase en cifras cun constante incremento do número de prazas públicas nos centros de día.

Ademais dos centros de día, a Consellería segue a impulsar recursos destinados á atención dos maiores no seu propio domicilio, como o de axuda no fogar ou xantar na casa. Destacan os novos servizos que vén de poñer en marcha o departamento autonómico para estender os coidados a tódolos núcleos de poboación rural. Servizos todos eles encamiñados a mellorar a calidade de vida dos maiores sen ter que saír dos seus domicilios

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí