Rafael Louzán renova a presidencia do PP provincial

    congreso_pp_100_301109.jpgPONTEVEDRA> Así o decidiron cos seus votos os máis de 800 compromisarios que este sábado participaron no XV Congreso Provincial.

    {flowplayer}images/salnes/301109_congreso_pp.flv{/flowplayer}

    Co 97,82 por cento dos votos a favor, Rafael Louzán conseguiu renovar por cuarta vez consecutiva o seu cargo de presidente provincial do Partido Popular. Presentábase como candidato único ante máis de 800 compromisarios. 807 apoiaron a súa reelección.

    Deste décimo quinto Congreso provincial saíu tamén a nova cúpula do PP pontevedrés. Ente as incorporacións máis destacadas, a secretaria xeral, Begoña Estévez, avogada de 40 anos e na actualidade, adxunta ó servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación. O vigués Chema Figueroa repite á fronte da vicepresidencia ó igual que José Juan Durán como secretario de organización. Entre os que abandonaron o seu asento no equipo directivo, vellas figuras da era Fraga, como Xesús Palmou, Enrique López Veiga e Jesús Pérez Varela. Pero a cúpula do PP pontevedrés inclúe outras moitas caras coñecidas: conselleiros como Agustín Hernández e Javier Guerra, as deputadas Ana Pastor, Rosa Oubiña, Marta Rodríguez e Teresa Pedrosa.

    Xunto a estes cambios estruturais, a cita serviu para ir quentando motores de cara ás vindeiras eleccións municipais. Así o indicaba o lema do congreso, ‘A forza dos concellos’. A clausura do congreso contou tamén co respaldo do presidente nacional, Mariano Rajoy.

    Ademais da elección do presidente provincial, o Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra serviu como plataforma de debate sobre a política municipal, como a necesidade de crear un novo modelo de financiamento, destinar máis recursos a servizos sociais e o deseño dunha estratexia de mobilidade sostible.

    Redacción Salnés