CAMBADOS> Cambados presenta diversas alegacións contra o Plan de Transporte da Xunta. O goberno local solicita para a vila máis liñas, con máis frecuencias horarias e que se conecte a comarca dun mellor xeito con Pontevedra, Santiago e A Coruña. Demandan tamén a creación dunha liña circular que conecte as parroquias do Concello.
A Cambados non lle convence o anteproxecto de explotación do servizo público de transporte de viaxeiros. O goberno local vén de presentar diversas alegacións contrarias a este borrador, que forma parte do Plan de Transporte Público de Galicia.
Dende o Concello entenden que, de novo, tanto a localidade como o resto da Comarca do Salnés quedan descolgadas.
Precisamente a conexión da Cambados coas grandes cidades é un dos puntos que máis preocupan ó executivo local. Reclaman un mellor enlace tanto con Pontevedra, como con Santiago e A Coruña.
O tenente de alcalde cre que algunhas das propostas que contempla ese anteproxecto son un esperpento.
O goberno local recoñece non ser moi optimista en canto á resposta que enviará a Xunta. Din que, así e todo, a súa obriga é defender un transporte público para Cambados acorde coas necesidades do século XXI.











