Vilagarcía: ¡Feliz ano 2010!…. ás doce da mañá

    uvas_vilagarcia_copia100.jpgVILAGARCÍA> Decenas de persoas asistiron a unha festa por todo o alto, no que o desexo máis solicitado foi a fin da crise.

    {flowplayer}images/salnes/UVAS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

     Festa rachada en Vilagarcía para recibir, antes que ninguén, o 2010. A praza de Ravella estivo chea hasta a bandeira a pesar da chuvia, que non botou para atrás as ganas de festexar a entrada do ano Xacobeo.

    Non faltou animación á espera das 12 campanadas. Repartíronse máis de 4000 bolsas de cotillón con serpentinas, gorros e antefaces que os presentes non dubidaron en poñer.

     Ás doce en punto, soaron as campanadas. Algúns dos asistentes dubidaron se soarían os cuartos ou non, e pillounos o toro. A comer rápido as uvas atrasadas.

    Os fogos artificiais anunciaron a entrada no novo ano, co desexo na mente de que sexa mellor co anterior.

    E como non pode ser doutra maneira, hai que cumprir os propósitos que tiñamos apuntados: adelgazar, aprender inglés, deixar de fumar….

    Os vilagarciáns con todo o cariño, desexan ás demais localidades un Feliz 2010.

    Redacción Salnés