O tráfico de cereais está a frear a caída do Porto de Vilagarcía

    puertas100.jpgVILAGARCÍA> O Consello de Administración da Autoridade Portuaria abordou a situación económica do porto …

    {flowplayer}images/salnes/porto_vilagarcia_011209.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O Consello de Administración da Autoridade Portuaria abordou onte á tarde a situación económica do porto e constatouse que outubro foi o mellor mes do ano.

    En agosto a conta estaba en números vermellos con 250 mil euros, mentres que en outubro o saldo foi positivo, de 221 mil euros. Detrás disto está o tráfico de cereais e a recuperación da vía férrea. O presidente do Porto considera esencial apostar pola diversificación de tráficos.

    Puertas recoñece que este ano está a ser duro pero advirte que 2010 será peor, por iso aplaude a evolución positiva experientada nos últimos tres meses. Entre setembro e outubro de 2008 no porto movéronse máis de 189 mil toneladas, e neste ano no mesmo período conseguíronse superar as 200 mil.

    O presidente do Porto tamén destacou a freada nos datos negativos que se está a producir desde agosto ata o mes pasado. Con respecto a 2008 en agosto a caída foi do 17 por cento, e en outubro dun 11,7 pr cento. Unha cifra ademais que está por debaixo da caída media de tráficos nos portos de interese xeral de España. Estes datos fan pensar ademais a Puertas que conseguirán cumprir os obxectivos do plan de empresa, rematar o ano cunha baixada do 17 por cento e cun volume total de mercancías de 945 mil toneladas.

    No Consello de Administración do porto tamén se falou de Tercovi, a concesionaria da terminal de contedores de Ferrazo. Segundo indicou Puertas, continúan as negociacións co administrador social da empresa e os servizos xurídicos portuarios estudan unha proposta de Tercovi. O presidente do porto sinalou que xa hai empresas interesadas en conseguir a xestión da terminal de contedores e que só esperan á resolución do caso.

    Redacción Salnés