Dora Nogueira gaña as eleccións da agrupación de mariscadoras de Vilanova

    dora_nogueira100.jpgVILANOVA> Dora Nogueira volve a estar á fronte da agrupación de mariscadoras de a pé de Vilanova de Arousa.

    {flowplayer}images/salnes/eleccions_mariscadoras_vilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> Dora Nogueira volve a estar á fronte da agrupación de mariscadoras de a pé de Vilanova de Arousa. Esta mañá celebráronse as votacións e das case 200 socias que acudiron ás urnas, 120 apoiaron a candidatura de Dora Nogueira.

    Dáse a casualidade que estes comicios se tiveron que convocar a raíz da dimisión da propia Dora Nogueira como presidenta da agrupación, aló polo mes de maio. Dora Nogueira repite na directiva pero cun equipo novo co que promete máis unión para o traballo da asociación. O obxectivo máis inmediato é iniciar canto antes a semente. Desde a Confraría de Vilanova reclámase da Xunta máis apoio para que a agrupación de mariscadoras poida sacar adiante o seu traballo.

    A patroa maior de Vilanova indicou que o índice de participación nestas eleccións foi moi alto. Das case 200 mariscadoras, tan só 17 non exerceron o seu dereito a voto.

    Redacción Salnés