A Praza de Abastos de Vilanova cambia a súa imaxe corporativa

    paza_abastos_vilanova_copia100.jpgVILANOVA> Hoxe presentáronse os novos uniformes, así como bolsas biodegradables. Esta remodelación forma parte do proxecto de revitalización comercial.

    {flowplayer}images/salnes/MERCADO_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Verde que te quero verde. Así é a cor da nova imaxe corporativa da praza de Abastos de Vilanova de Arousa. O obxectivo deste cambio é adaptarse as novas imaxes do mercado, e competir cos supermercados.

     O presidente da Asociación de Comerciantes, Umbrío, afirmou que a cor verde trata de simbolizar o produto bo e fresco.

    O cambio tamén trae consigo a utilización de bolsas biodegradables e outras reutilizables.

    O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, afirmou que coa nova imaxe e coa remodelación do edificio da praza, estase a dar un aspecto de luxo e de limpeza.

     O proxecto de remodelación foi cofinanciado pola Dirección Xeral de Comercio, dependente da consellería de Economía.

    Redacción Salnés