Atracan a punta de pistola unha céntrica xoiería da Pobra

    atracoxoieria_100_021209.jpgPOBRA> Dous homes atracaron unha céntrica xoiería no concello de A Pobra. Os ladróns apuntaron cunha arma a dependenta e obrigárona a abrir a caixa forte.

    {flowplayer}barbanza/atracoxoieria.flv{/flowplayer}

    Os dous homes apuntaron cunha pistola a dependenta, á que amordazaron e ataron nun pequeno cuarto situado na parte posterior da tenda. Antes obrigárona a abrir a caixa forte que desvalixaron de contado. Malia que, de momento, se descoñece o valor total do substraído, calcúlase que supera os cento cincuenta mil euros.

    Tras facerce co botín, os ladróns fuxiron da tenda, deixando atada a empregada, que, pouco tempo despois, conseguiu ceibarse e avisar por teléfono a policía local. No lugar, ademáis presentáronse varias patrullas da Garda Civil de Boiro e A Pobra e axentes da policia Xudicial de Noia, que se fai cargo da investigación.

    Discreción

    A discreción e dilixencia ca que actuaron os ladróns levou a que ninguén se decatara do que acontecía no interior da tenda. Os dous restaurantes próximos atopábanse pechados e nos escasos minutos que durou o atraco ningún cliente entrou no establecemento.

    Con todo, a investigación centrarase na descripción dada pola empregada e no datos que poida aportar algunha das cámaras de seguridade emprazadas na zona. A pesar do acontecido onte, esta mañá a xoiería abría as súas portas con normalidade.

    Redacción Barbanza